TÍTULOS

Nesta marabillosa sociedade xudeucristiá tan maniquea a dualidade do ben e do mal  é omnipresente. Non obstante, os próceres só están afeitos ó bo (fillos adoptivos ou predilectos, doutores honoris causa,...), deixando todo o malo para a plebe. No Nuevo diccionario etimológico Latín-Español o doutor Santiago Segura recolle gratus, -a, -um, procedente do sánscrito gürtac, que significa “aprobado”. O contrario, sería, pois “non aprobado” ou “suspenso”. Tamén figuran outros significados como “ben acollido”, “ben vido”, que terían como contrarios “mal acollido”, “mal vido”. Alguén non grato nada tería que ver cun gratus conviva ou “convidado simpático”. No mundo lusitano o de persona non grata é o título que dan ós políticos que “fazem um deserviço”, persoas ás que, ademais, consideran inexistentes. Pontevedra acaba de nomear persona non grata o presidente Rajoy, que anda doente. Despois do de Ence –que pode que non teña nada de ilegal, mais, estando, como está, en funcións, si o ten todo de amoral– que pretendía? Unha estatua na Ferrería?
 

TÍTULOS

Te puede interesar