“Sorpresas te da la vida...”

Andaba á procura dun dato sobre a última das revolucións proletarias, a revolución d’ochobre, que din os asturianos, mais non dei con el. Si atopei noticias sobre a Révolte dans les Asturies, a peza teatral que escribiran e publicaran (1936), en Arxel, o daquela mozo comunista Albert Camus e tres colegas, mais que non puideran representar por prohibición gobernativa. Podemos ler teatro de Camus en galego, Os Xustos ou Calígula, en magníficas traducions de Xosé Manuel Beiras. Na infrutuosa  pesquisa, batín tamén con “Ochobre’l 34”, coñecida canción, de hai poucos anos, do grupo de rock proletario catalán Kommimtern. Púxenmme a escoitala para recordala. Como non sei a letra –e nese tipo de musica non se escoitan ben de todo os textos– quixen procurala. Entrei nunha páxina na que figuraban as letras dos temas do álbum Vida de guerrilla (2010) no que se atopa e para a miña sorpresa en vez do texto figuraba este sorprendente aviso: “Aquesta cançó no disposa de lletra perquè és en una llengua no-catalana”.
 

“Sorpresas te da la vida...”

Te puede interesar