SOCIEDADES

De sempre foron moi habituais as empresas con máis dun propietario. Hóuboas, e hainas, tanto a partes estritamente iguais como a partes diferentes. Cando se produciu algún tipo de desacordo sempre se impuxo a opinión da parte maioritaria. Coñezo casos destes  mais non dos contrarios, onde decidise a parte minoritaria. É por iso que fiquei abraiado cando días atrás lin nos xornais que unha das partes, curiosamente a minoritaria, quería obrigar á outra, a maioritaria, a actuar de acordo co que a primeira pensaba que debería facerse. Mesmo con ameazas. A 12 de decembro de 2002, o daquela alcalde de Ferrol Xaime Bello asinaba o regulamento que dá conta da Sociedade Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A., abreviadamente “Emafesa”. Emafesa constituíuse con dous socios: un maioritario, o Concello de Ferrol co 51%, e outro minoritario, a empresa UTE UrbaguaFerrol –logo Urbaser SA–, co 49%. Lin con total atención a documentación toda e abofé que nada atopei que impida tomar decisións á parte maioritaria. 
 

SOCIEDADES

Te puede interesar