Rematou o pesadelo

un pesadelo que comezara hai trece día cando un meniño, aló na localidade malagueña de Totalán, afúndese en caída libre de máis de setenta metros por un pozo de pouco máis de vintecinco centímetros de apertura, deses que se perforan na procura de auga. Comeza entón un despliegue informativo enorme, un circo mediático en torno a este desgraciado accidente que aviva o morbo da xente que é moita. As canles de televisón sitúan no terreo aos seus cronistas que van relatando minuto a minuto todo o operativo destinado a recuperar o corpo do rapaciño, un operativo sen precedentes que mantén a todos en vilo. ¿Pero en realidade alguén pensaba atopar ao neno con vida? Todo apuntaba á imposibilidade do milagre. Na espera dos resultados forenses hai dous factores que facían pensar que o prodixio non tiña posibilidades: primeiro que unha persoa se está catro ou cinco dias sen beber pon en grave risco a súa vida pois somos un 70 % de auga e necesitamos manter os niveis, e segundo, é obvio, precisamos respirar e dificilmente poderíamos facelo soterrados por un tapón de area compacta de máis de sesenta centímetros. Así as cousas o que cabía esperar era entregar o corpo do pequeno a súa familia e para iso púxose en marcha un operativo sen equiparación neste país, traballando arreo e sen descanso abrindo camiño no inóspito ventre da montaña nun tempo record. A colaboración foi plena entre organismos oficiais e empresas privadas, movéronse máis de 80.000 metros cúbicos de terra e ao final, un grupo de élite de oito especialistas en rescates nas minas , de oito heroes, baixaron a abrir a golpe de man e martelo un vaso comunicante na rocha para dar co neno. De todo este tráxico acontecemento haberá que sacar algunhas conclusións, por exemplo: que se están facendo sondaxes na terra de calquera maneira, que non se tapan convenientemente concluída a faena, que hai centos de pozos nas mesmas condicións nas que estaba este de Totalán e que esta poido ser unha oportunidade de demostrar aos incrédulos que os milagres existen, pero non foi así. Quizais o anxo da garda deste meniño andaba ese día un pouco despistado. Algúns politiquillos “do tres ó cuarto”aproveitaron descaradamente o momento para saír na foto: vergoña tería que lles dar. Que todo este episodio serva para poñer os medios que eviten que unha traxédia así non se volva repetir e ter claro que a tremenda dor dunha família, duns pais que perden un meniño de dous anos, non é, non debe ser materia comerciable.

Rematou o pesadelo

Te puede interesar