asemblea de EM (plenario na linguaxe mareante) estivo precedida por unha grande polémica nos medios. E iso obedecía a que o debate entre as dúas visións que confrontaron ía alén dos documentos . O que se estaba a discutir era se EM se consolidaba como un partido soberano, nacional e de adscrición individual ou continuaba a ser unha coalición na que os inscritos pouco ou nada podían decidir. E o máis relevante do conclave foi a decisión de que EM debe ter vida propria e procurar ser esa ferramenta estratéxica para o século XXI que sectores da sociedade galega levan tempo reivindicando, capaz de chegar a acordos con todas aquelas organizacións que teñan como obxectivo, aquí e agora, derrotar ao PP e abrir novos espazos de actuación política.
Agora os cidadáns precisamos que abandonen ese soliloquio cansino e se centren nas alternativas aos problemas ( muitos e moi graves) de Galiza.