Seica as intencións do novo partido político Podemos, son as de rematar coa hexemonía dos grupos políticos maioritarios en España: o PP e o PSOE. E analizando un pouco polo miúdo, ese desexo dos “podemitas” de rematar co “bipartidismo”, xorden algunhas preguntas como, “por que”, “para que”, “como” e “cando”. Comezando polo “por que”, haberá que supor que, o motivo sería que os sucesivos gobernos daqueles partidos foron prexudiciais para acadar un estado de benestar para a cidadanía. Mais non hai que esquecer que nalgúns aspectos e nalgúns momentos, algúns daqueles gobernos aportaron ao país, melloras, en materia de liberdade, educación ou sanidade, por poñer algúns exemplos. Xa que logo, non todo o anterior foi nocivo para o pobo que, en definitiva, é quen tería que resultar beneficiado sempre, polas decisións dos gobernantes. E se Podemos quere mellorar a situación, terá que esforzarse moito para conseguir o poder. Mais, é isto posible a curto prazo?