Non

|

Ata fai realmente pouco tempo nesta sociedade falábase de reducir a xornada laboral e de adiantar a idade de xubilación. A seguridade dos postos de traballo, a conciliación familiar ou o apoio á dependencia ou á natalidad eran cuestións que parecían instalarse nas nosas vidas.

O progreso era falar de economía sostenible ou enerxías renovables, seguro que recordan esas cousas. Niso estabamos cando nos caeu encima unha crise, que non é unha maldición bíblica, é a consecuencia da avaricia e as malas praxes xeradas polo noso sistema. Agora os afortunados traballamos máis, ata idade máis avanzada e facémolo por menos salario e cunha enorme precariedad. Temos ademais uns servizos públicos en claro deterioro e pretenden que esteamos agradecidos por un tren que, sen ter en conta trazados menos lesivos, vai esnaquizar unha ría xa en moi mal estado. Pero eu, xa saben, son da banda do non.

 

Non