Ferrol-Ortigueira

Nos anos noventa os socialistas Bonifacio Borreiros e Carmelo Teixeiro intentaron desde o seu partido pór en marcha iniciativas a prol da Autovía do Cantábrico, para conectar Ferrol co Ortegal. Pero non fomos quen de conseguír este obxectivo. Manuel Fraga levouna cara a súa vila natal de Vilalba. Mais non foi único responsable. Había intereses políticos e financeiros -na capital da provincia- para retrasar o desenvolvemento da nosa cidade, á que sempre viron como competidora.
Agora, que os alcaldes do Ortegal volven a reclamar a construcción desta infraestructura, sería bó que sumemos desde Ferrol as nosas forzas. Tanto desde as diversas e cada día máis plurais esquerdas munícipes, como desde a dereita local que como vaille tan ben ultimamente, quizais poida asumir que a Don Manuel foíselle a man, e así aproveitaríamos para facer unha fronte común cos nosos concellos veciños.
 

Ferrol-Ortigueira

Te puede interesar