MUSEO

Días atrás falábase da necesidade de instaurar un museo ferrolán. A min paréceme xenial dispoñer dun lugar axeitado no que se amosasen os obxectos, monumentos, obras de arte e en xeral todo aquilo que puidera ser de interese para propios e estraños. Pero cando digo todo, quero dicir o bo e o malo, pois os ferroláns temos que ser consecuentes co que foi e é a nosa cidade e asumilo. Non me parece ben agachar cousas cun pasado negativo; máis ben ao contrario, esas habería que salientalas en honor á memoria histórica. Agora ben, cada obra ou monumento deberían estar acompañados da información correspondente e das súas circunstancias, sempre que se ateñan á “verdadeira verdade” e non á que se lles ofrece no ensino de hoxe aos rapaces e rapazas. Por exemplo, se alguén matou, a quen matou e  por que; e se alguén foi asasinado, quen o asasinou e por que. Coido que sería unha boa lección de Historia, da que non se estuda nas aulas e que permanece interesadamente oculta.

MUSEO

Te puede interesar