OLLA MEU IRMAU

Quen son eu para criticar que o presidente Feijóo pronuncie o seu discurso institucional de Fin de Ano desde a Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Mais permítame o señor presidente que lle diga que a súa intervención me lembrou os versos de Celso Emilio Ferreiro sobre outra das personalidades senlleiras da nosa nación: Castelao. Aqueles que comezan con Olla meu irmau honrado/ o que acontece con Daniel:/ os que o tiñan desterrado/ agora falan ben dél. Porque non me dirá que non é contraditorio, por non decir cínico, que mentres que vostede gaba o legado de Rosalía para o noso idioma e cultura nacionais, aprobe desde o seu goberno un Decreto no ensino que ataca a presenza do galego no sistema educativo, que vulnera leis básicas aprobadas por consenso (Lei de Normalización Lingüística) e tratados internacionais de dereitos lingüísticos. Señor Presidente, menos botafumeiro e trompetería mediática e máis coherencia.

OLLA MEU IRMAU

Te puede interesar