PAI FERROL

O que son as cousas, á Deputación sobráronlle 25 millóns de euros e vainos adicar a un mal chamado Plan de Aforro e Investimentos. Porque basicamente é un crédito para pagar débedas dos concellos –especialmente pequenos– onde, directamente, a Corporación provincial vai trasladar eses cartos aos bancos beneficiados. Estes estarán contentos!
E como saben, Ferrol vén de sumarse ao PAI, cun total de 677.000 euros. Dedicando, tamén, a terceira parte ao pavimentado de media ducia de rúas. Pero, que sentido ten que participemos deste plan, mais cando o noso alcalde presume de millóns de euros de remanentes? Non sería mellor usar os recursos propios?
En tempos de crise, fáltalle xestión a Diego Calvo na Deputación para unha actuación propia? O que si supoño é que o reparto, en base á súa poboación e esforzo fiscal, aos demais concellos da comarca, viralles ben.

 

PAI FERROL

Te puede interesar