Estatuto Electrointensivo

Este luns, o Goberno de Pedro Sánchez abría o prazo para alegacións ao novo decreto, que busca unha tarifa da luz máis axeitada para as empresas electrointensivas (Megasa, Alcoa, Ferrolatlántica...) e intentar resolver a situación creada polo PP. En 1997 Rato privatizou o sector público eléctrico e o ex ministro Soria, no 2013, modificou o sistema da interrumpibilidade a instancia de Feijóo. Nos últimos vinte anos a suba para o consumidor medio foi dun 120% e para a industria dun 150%.

O novidoso Estatuto Electrointensivo debera dar lugar a unha tarifa eléctrica máis competitiva co resto da UE. Pero tamén é imprescindible romper a actual ditadura eléctrica cun pacto de Estado, decidir que tamaño de sector público eléctrico queremos recuperar. É certo que Alcoa necesita unha solución específica, así todas as distorsións desde o 2013 veñen dadas polo interese dos políticos por contentar a voracidade desta multinacional.

Estatuto Electrointensivo

Te puede interesar