UN NOVO LHD

Leo no ABC (16/07/2015) unhas declaracións do vicecomandante dos Marines en Europa e África, xeneral Norman L.Cooling, encargado de supervisar o despregue dos marines na base de Morón de la Frontera (Sevilla), nas que se desfai en eloxios ao noso LHD Juan Carlos I como unha excelente plataforma para proxectar estas forzas ante situacións de perigo. Fala tamén dun acordo bilateral entre España e os EEUU para aumentar a dotación da base de Morón de la Frontera, ata 2.200 marines, 500 civís e 36 aeronaves. En outro orden de cousas, estase a crear en Ferrol e mesmo en Madrid un movemento cidadán constituído por enxeñeiros, oficiais da Armada, políticos e empresarios en defensa de Navantia e por ende de Ferrolterra, coa idea sobranceira de reclamar a firma urxente dun contrato para a construción dun novo LHD para a Armada Española. A Armada suspira por el, necesítao Navantia por moitas razóns e sería unha solución para combater o paro na  comarca ferrolá. Esta asociación está formada por profesionais ferroláns xa xubilados que outrora tiveron o seu protagonismo nas súas respectivas especialidades, e que aínda poden aportar a súa experiencia e os seus coñecementos a prol de saír ao paso da situación actual que, de seguir así, pode chegar incluso ao peche duns estaleiros con máis de trescentos anos ao servizo da Armada Española. Neste intre Ferrol e a súa comarca adoecen polo paro ocasionado pola crise e consecuentemente pola falta de novas construcións nas bancadas de Navantia valeiras dende hai anos, agás ese enigmático Flotel que non convence. Penso que este é o momento axeitado para que, a través dun manifesto conxunto se esixa ao goberno central a firma do correspondente contrato, solicitando, o apoio por razóns estratéxicas e, se cadra, as necesarias axudas tecnolóxicas e financeiras da US Navy, como contrapartida á ampliación da base de Morón. O Ministerio de Defensa, os presidentes do Goberno e da Comunidade Autónoma, o gelegado do Goberno, o Voncello de Ferrol, Navantia, a Armada e máis de cen mil ferrolterráns, todos a remar na mesma dirección, teñen tamén a responsabilidade e a palabra. Eu dende esta fiestra que me brinda o DF, aplaudo esta iniciativa duns ferroláns, amantes do seu pobo, que non se conforman coa situación actual. A consigna pode ser: ”Defendamos todos xuntos o noso, ninguén o vai facer por nós.”

UN NOVO LHD

Te puede interesar