Desencontros

Na falta de acordo entre PSOE e Podemos para formar ou permitir formar goberno é difícil saber quen é máis torpe. Entendo que para o PSOE sería máis fácil gobernar en coalición e, pola contra, para Unidas Podemos sería máis doado incidir nas políticas dun goberno en solitario do PSOE nunha acción parlamentaria sen ataduras. Mais hai personalismos que nubran a realidade.

Coñecín a Pablo Iglesias en Ferrol, nun mitin no Torrente Ballester, cando se creou AGE e non vin nel aquel gran político que, de alí a pouco, moitos medios predicían. Hoxe, despois de lle escoitar solicitar a mediación do rei para facilitar a coalición de goberno, menos aínda. Tampouco mo pareceu Alberto Garzón, tamén presente naquel acto, e máis tarde coordinador de IU. A deriva de ambas as formacións que crían que xuntas sumarían, aí está. Unha case desparecida e a outra en caída libre, se non me equivoco.

Mais, volvendo ao da coalición, esquecería, a daquela coordinadora xeral de EU, e hoxe deputada de En Común-Podemos por Pontevedra, a lección, tirada da súa experiencia no concello de Ferrol, de que gobernar co PSOE non é a mellor opción?

Desencontros

Te puede interesar