Politicofobia

Actualmente non é de estrañar que sintamos fobia, aburrimento, incluso noxo á maneira de facer política parvularia nestes tempos duros que están sufrindo moitos milleiros de cidadáns do Estado español. Que pouco aprendimos dos grandes políticos e que pouco da Democracia.
Mágoa que non poidamos confiar na maioría dos políticos (certo que os segue habendo honrados) que tantas veces nos engañaron e que tanto daño fixeron ás arcas do Estado e á convivencia do pobo.
Políticofobia, que non políticafobia. Política honesta, intelixente, democrática e veraz. Esa que é a arte de ben gobernar un país, un concello, una empresa, ou una familia. Esa política que é o conxunto de actividades teóricas e prácticas referentes ás relacións entre os cidadáns e os gobernantes, en Democracia, os elexidos polo pobo co que hai que contar, xa que en definitiva é quen os pon e quen os quita.
Os políticos que hoxe gobernan España, polo que vemos e sentimos en propias e veciñas carnes, de arte nada de nada, chapuzas enredadores, e as relación cos cidadáns máis ben para nos enfrontar os uns cos otros na mentras eles, coma Pilatos, se lavan as mans as veces que fixera falta. Eles, elas, a maioría con tantos anos de servicio ás súas costas para defender intereses propios da familia e dos “amiguitos del alma” por enriba dos xerais, incluso inflinxindo normas e leis socorren bancos e grandes empresas que logo lles abren esas tan desexadas portas xiratorias e os enchufan de “botones” con una paga de tres pares de pelotas. 
Fobia, aversión, noxo, a aqueles que volven prometer por enésima vez cando chega a hora de novas eleccións. Ós parasitos, ós vagos e malfeitores, ós barrigas agradecidas que só van a chuchar dos tetos da “vaca marela”, ós políticastros que nunca leron a Confucio: “Gobernar es saber rectificar”, dicía xa cincocentos anos a.C. o gran filósofo chino. 
Como está a política no noso país! Perdón, quero decir os políticos. Semella que una boa parte deses que se lles pega o cu ó escano pillaran una forte gripe que os deixou “tocados de ala”. Teñan coidado, moita precaución responsables de sanidade, alerta, non será una epidemia semellante á das vacas tolas? Por se as moscas, de inmediato busquen un antídoto, non fose que tivéramos que importar políticos de fóra. Coma sempre, pimpante coma unha rosa o presidente do Goberno di que “ya salimos de la crisis y la economía está subiendo a pasos seguros, sexa que segundo el pronto alcanzaremos a cota máis alta do Everest.
Poida que a súa, a deles, esa que eleva ós ricos facéndoos máis ricos si, pero a de moitos millóns de cidadáns “nanai de la China”. Aínda non vemos o comezo da ladeira para canto máis o cume da montaña.
Señor Rajoy, señores ministros de Economía e Facenda, a economía ten que moverse de abaixo arriba,m xa que se vai de arriba abaixo ó 50% dos cidadáns non nos chega nin o cheiro.

Politicofobia

Te puede interesar