Véspera

o Melide que me viu nacer e no que pasei  os anos da vida nos que un vai  abrindo  xanelas de horizontes  por explorar, o 15 de agosto era unha data importante pola chegada dos autobuses de Puntero e de centos ( a un semellábanlle miles) de vehículos con matrículas BI, SS,  B, ZH, D, NL... cheos de emigrantes que tornaban para pasar uns días coa familia. E deixar un remanente de cartos no comercio local.
E tamén por ser  véspera do S. Roque. O agardado. O das verbenas até as seis da madrugada. Dos seráns no río, na tosta, a brincar desde os ameneiros.  Dos alalás e baladas . Dos encontros reais ou imaxinarios no castelo ( que foi e que non é). De Fuxan os Ventos na Praza do Convento. De Os Garceiras. Da reivindicación da Galiza mártir. Véspera das despedidas de finais de agosto. Dos adeuses escritos nos cristais dos Puntero. Véspera da invernía que se anunciaba por detrás da capela de San Roque.
Véspera, talvez, de mañá?
 

Véspera

Te puede interesar