Mentira EDAR

O único de verdade en relación coa EDAR de cabo Prioriño, unha instalación que custou 18 millóns de euros, son os recibos que pagou  a veciñanza de Ferrol por un servizo público que agora sabemos inexistente. Esa mentira que descubriu a visita dun alcalde de Ferrol, este si, ao servizo da xente do común e non dos negocios das grandes empresas e os seus amigos do PP. Entre a Xunta de Galicia e o socio privado de Emafesa veñen trampeando contra o interese xeral: ocultaron as deficiencias construtivas da planta, mentiron dicindo que xa levaba depurado 1,5 millóns de metros cúbicos, ocultaron que a maior parte do tempo a instalación non funciona e que as augas non están a saír da EDAR depuradas; e quizabes pretendan non facerse cargo dos gastos para poñela efectivamente en funcionamento, estimados en 550.000 euros.  Esixencia de responsabilidades e devolución á veciñanza dos cartos anuncia a alcaldía. Sen mentiras.
 

Mentira EDAR

Te puede interesar