O nome das cousas

O Dicionario da Real Academia Galega recolle como acepcións do adxectivo e substantivo vexetariano/-a: 1. “[Persoa] que non come alimentos de orixe animal. 2. [Dieta] que exclúe alimentos de orixe animal. Os ovolacteovexetarianos, xa que logo, non serían, en puridade, vexetarianos. Eu así o entendo, e non porque o diga academia ningunha, senón porque cae totalmente de caixón que os ovos, o leite,... e os seus derivados non son vexetais. De tan obvio que é non está aberto a discusión. Menos que o de polbo animal de compañía. O mesmo Dicionario, define o substantivo peón, na súa segunda acepción, como “Persoa que circula andando, por oposición á que vai nun vehículo” e do verbo peonalizar di: “ Facer peonil [unha rúa]”. E peonil, que ven sendo “Relativo ou pertencente ao peón”, ten a variante peonal, que vai acompañada deste significativo exemplo: Por esta rúa non se pode ir en coche, é zona peonal. Resulta, pois, evidentísimo, e non porque o diga dicionario ningún, que un espazo polo que circula calquera tipo de auto será calquera cousa, menos peonil. “É proibido proibir”, n’é verdade, Caetano?
 

O nome das cousas

Te puede interesar