As outras eleccións

Permítanme recomendarlle –a algunhas persoas– que deixen de mirar tanta enquisa local. Hai xente que ten os nervios desatados, incendian as redes sociais e outros, como vimos, usan malas artes en contra do candidato Ángel Mato.

De xeito paralelo ás locais hai eleccións sindicais, as primeiras cun ciclo económico favorable. No ámbito local hainas na siderurxia, na sanidade e no naval, por citar tres exemplos. É evidente o interese do que pase na antiga Bazán, tras a sinatura do seu último convenio e plan de empresa. Manterá CCOO a hexemonía? O que pase nas eleccións en Navantia marcará todo o panorama sindical da comarca de Ferrol.

No país debera abrirse paso o novo Estatuto dos Traballadores, que están a negociar PSOE e sindicatos, fronte á reforma laboral que rachou con dereitos e que provocou unha baixada xeral de salarios. Hoxe a metade das e dos traballadores non gañan nin 1.200 euros ao mes.

As outras eleccións

Te puede interesar