Os valores do deporte

Dun tempo a esta parte veño observando, cada vez de xeito más reiterado, trifulcas nas que algúns pais chegan mesmo ó enfrontamento físico con árbitros, entrenadores e equipos contrarios cando o seu neno ou nena compite, algo que polo que vexo, é común ós deportes de conxunto. Penso que aquí os pais teñen unha grande responsabilidade á hora de ter en conta que o que os valores deportivos representan son básicamente os da saúda física e competitividade digna, polo que alporizarse, mesmo co neno ou nena, vai máis na liña de facer deles unhas máquinas orientadas ao futuro profesional que a outra cousa, talvez pensando tan só no diñeiro ou na forma en que, nun futuro, o fillo ou filla pode gañarse a vida. Digo isto porque chegáronme novas de que un equipo de base mallou noutro cunha ventaxa de ducias de tantos –non quero cita-los nomes por respecto aos dous– sen que a ninguén, nin a pais nin a entrenador –os cativos son inocentes– lle albiscara o menor rubor. Iso non é deporte, penso.

Os valores do deporte

Te puede interesar