Motivos ha para reflexionar

Tendo no meu poder un máster conseguido na Universidade de Vida estimo que nos Estados Unidos de América, un dos países máis grandes e poderosos do mundo, con anos de democracia na súa bagaxe política, con un gran potencial científico e de investigación e un gran poder económico social, debera estar preocupado polo xeito de “practicar en política” o presidente mister Tramp.

De enfrontamento con propios e alleos, que semella estivera, falando na linguaxe popular, “tocado de ala ou coa tarteira estragada”.

Que está facendo unha política pornográfica chega con oír e ver como trata e fala das mulleres. Chega con ver a práctica, como se estivera negociando coas súas empresas privadas cun tono prepotente cara aos opoñentes dun ou doutro bando, incluso do seu.

Unha política de desprecio, principalmente cos pobres, marxinados, negros, xente que busca asilo político, e a cantos extranxeiros que fuxen da guerra nos seus países, a non ser aqueles que viaxan con dólares en cantidade.

Vive coa teima racista e o muro ata o ceo que non o debe nin deixar durmir a siesta. E iso, posiblemente sexa o que o mantén a cotío de mal humor.

Populismo, política de engaños e promesas, chulería, grosarías e ordinarez con que trata aos seus subalternos e aos periodistas que están cumplindo co seu traballo, con palabras insolentes de home das cavernas, debera preocupar ao seu goberno e a todos os cidadáns de Norteamérica.

Xigantes valados, soldados e armas para que non entren no seu pais, non é a solución. Armas contra a miseria, a fame e a desesperación desa xente, é totalmente inhumano.

Quen coñecen a Donal Tramp, incluso a súa “guardia pretoriana”, comentan da súa estrafalaria conducta que onde queira estea, a maioría das veces actúa como vulgar tarambainas, que para un  pais da importancia política, social e cultural como son EEUU, cando menos, debería ser motivo de reflexión.

Profunda e para reflexionar  a frase que está gravada no pedestal de Estatua da Liberdade, no río Hudson, sur de Manhatan, entrada do porto de New York: “Dame tus pobres, tus oprimidos, tus multitudes extenuadas, que anhelan aire libre. Mándame a los miserables de tus orillas: Yo tengo alta mi llama en la Puerta de Oro…”.

Poida que o autor tivera virtudes, cualidades humanas e sentimientos semellantes aos da frase, pero a realidade dos aconteceres é outra ben distinta. Teatro, hipocrisía que non loce nin da resplandor. Moito menos gloria, magnificencia ou credibilidade.

Déixame con moitas dúbidas esa frase, sentencia ou chamada da Estatua da Liberdade. A quen se dirixía o autor: Aos pobres oprimidos miserables e faltos de liberdade ou aos poderosos sen escrúpulos con “alma para todo”, tantas veces inxustos malvados tarambainas.

Nin EEUU nin ningún outro pais, estado ou goberno poderá ser libre namentras seus cidadáns non reciban bo trato, traballo digno e, por suposto que, se respecten os Dereitos Humanos Universais en todos e cada un dos seus artigos.

Dicía D. Miguel de Unamuno que “la libertad es un bien común y cuando de ella no participan, todos no serán libres los que tal se creen tan solo con proclamarla”.

Nin eloxio nin censuro a frase, o autor ou a estatua símbolo da liberdade. Anque  para min, símbolos, proclamas, himnos, pendóns e bandeiras, con todos os respectos, considero son imnecesarios. Non traen máis liberdade, nin máis igualdade, nin máis concordia. A maioría das veces conflitos entre irmáns e entre pobos.

A liberdade é movemento, e o movemento se demostra andando, defendéndoa democráticamente nos parlamentos, xuntos anque discrepando. Defendendo o benestar social, cultural e económico do conxunto dos cidadáns do pais, sen que por razóns egoístas e canallas se asoballen a outros.

De que vale a Declaración dos Dereitos Humanos aprobada pola ONU no ano 1934, se a maioría dos países (Estados Membros) a incumpren dende a súa fundación? Papel mollado, que nin sequera serve para  reciclaxe!!

Mágoa que, como hai milleiros de anos o planeta Terra e os seus habitantes seguimos en “standby”.

Motivos ha para reflexionar

Te puede interesar