Santiago Maldonado

Asemblea Xeral das Nacións Unidas, nunha resolución de 21 de decembro de 2010, declarou o 30 de agosto “Día Internacional das Vítimas de Desaparicións Forzadas”. Tal día de 2012, o grande escritor uruguaio Eduardo Galeano, deu a coñecer, colgándoo na rede, ese fantástico poema que titulou “Día de los desaparecidos”, que quen o desexe pode escoitar nese mesmo medio na súa propia voz.
Antonte celebrouse o día, este ano coa actualidade da obscura desparición na Patagonia arxentina de Santiago Maldonado, un xove tatuador que levaba uns meses residindo na veterana e coñecida comunidade hippie de El Bolsón. Xa se sabe, mala xente para persoal e autoridades “benpensantes”. Ao parecer, hai hoxe xusto un mes, Maldonado acudira a apoiar á comunidade mapuche de Cushamen no corte temporal dunha estrada a Chile para facerse ouvir na defensa da posesión dunhas terras que lles foron roubadas. A xendarmería disolveu a tiros a concentración e de Maldonado máis nada se soubo, malia as demandas de aclaración dos feitos por parte de familiares, amigos, a expresidenta Cristina Fernández ou a propia ONU. O goberno Macri non contesta. Non sabe?
 

Santiago Maldonado

Te puede interesar