OUTRO ESPERPENTO

Apasada semana o xornal “La Razón” comentaba en primeira páxina: “29 M Huelga contra España”. Considero que esta portada leva unha carga de profundidade antidemocrática de moito calado, un esperpento dos que nos levan dicindo desde que foi desarmado e cativo o anterior Goberno. ¿Pero é que non somos españois todos aqueles cidadáns que poidamos apoiar esta folga? Non é unha folga xeral contra España, é unha mobilización, legal e constitucional en protesta por unha reforma laboral que nos leva en retroceso de 50 anos.

Sabemos que hai alternativas máis xustas, eles tamén o saben, non entanto, asemella que os dirixentes deste Goberno están a xogar a salvadores da patria e isto sóame a rancio e cavernícola. España é tódolos españois, non é unha eira propiedade de Rajoy nin de “La Razón”. Esta reforma laboral é un deseño da cobiza empresarial e en contra dos traballadores. Este neolibaralismo que ven desde hai vinte anos veo camiñando paseniño tratando de ir desmantelando o Estado do Benestar acadado desde primeiros do século XX.

Non encanto, tamén hai que subliñar que desta crise-estafa a estivemos vendo vir desde hai unha década, pero esta sociedade que o neoliberalismo nos veu impoñendo, acomodouse, e non nos petou a gaña de responder a este “tsunami” con toda contundencia. De principio xa están a cento por hora o rol dos grandes medios como un novo exército represivo do sistema. Isto si que vai ser glorioso, pan e circo. “España es una deformación grotesca de la civilización europea”. Palabras de don Ramón del Valle-Inclán dos anos vinte. Xa choveu abondo.

OUTRO ESPERPENTO

Te puede interesar