COMPROMISOS MUNICIPAIS

Dende o sentido legal, social e ético, os Concellos están obrigados a atender e apoiar as necesidades das persoas con discapacidade intelectual que residan no seu territorio, ben individualmente ou integrados en asociacións que lles prestan servizos.
A maioría dos Concellos galegos sentíronse implicados e subscribiron convenios con estas entidades. Neses documentos non se fala de cartos. Non é logo unha simple petición de diñeiro, senón unha toma de posición,unha declaración de compromiso, un recoñecemento á labor que cubre a carencia pública e ademais unha mostra de afecto, de pertenencia, de situarse ó lado da persoa con discapacidade intelectual. Gran parte dos Concellos así o entenderon e observamos novas diarias de apoio ás súas asociacións.
Non é o caso de Cedeira, pois os seus diferentes gobernos locais ó longo destes últimos trinta anos aínda non estableceron esa relación.

 

COMPROMISOS MUNICIPAIS

Te puede interesar