Domingo en campaña

ste vindeiro domingo non acaba a campaña, realmente é o día en que comeza a das municipais do 26 de maio. Será moi interesante saber como vai influír o resultado das eleccións xerais e a sorte que vaian a sufrir os diversos partidos. Mais, cando en Ferrol hai unha morea de grupos que pretenden ter opcións para sentarse na nova Corporación.
Todo apunta a que Rey Varela vai ter que redeseñar a súa estratexia electoral por xogar a ser o Rivera que quere pescar polo centro, alén da dereita e na dereita. O certo é que lle poden restar Lavodrama, os abascales e, moito máis, o seu ex secretario xeral, o señor Langtry. 
Na esquerda, espérase a novidade que representa un candidato socialista moi crítico coa política municipal, destes últimos anos. Porque, basicamente, aí está o miolo: un goberno dun PP débil, ou o socialista Ángel Mato que, desde a esquerda, busca amplos consensos por Ferrol.
 

Domingo en campaña

Te puede interesar