A mín, doíame e non votei

|

olleume o das elecións municipais máis que despistado, aínda que non foi por gusto nin necesidade senón porque os anos non pasan, como ben saben, en balde, e cando arrepían un xa non ten gañas de poñer moito de si mesmo. Deitado na cama do hospital máis dun mes –o que xa indica que non foi moita a coña–, un ten tempo para pensar en demasiada conachada, como se din por aquí. Por exemplo, en que pasaría se algún dos candidatos que se presentaban á alcaldía de Ferrol estivera en idénticas circunstancias. Xogaría a cousa ao seu favor ou na súa contra? Difícil é a resposta si temos en conta que as municipais, din, é máis cuestión de persoas que de partidos. Digoo porque, si é así, os de común solidarios talvez decantaramonos por darlle un voto de confianza ao doente. E os que non o son, pois que pensarían en que se acaso, para non saír desta, mellor non apoialo. Non sei, pode que sexa unha coñachada, ou moitas, ou ningunha. O que si sei é que, a mín, doíame..., e non votei. Do que si estou certo é de que non fun o único.

A mín, doíame e non votei