Escenario

Algúns dos “pesoistas” destacados din que, o PSOE está mal, porque o escenario político cambiou; outros opinan que o escenario cambiou porque o PSOE está mal. Eu non sei quen terá a razón, mais o que non ten discusión é que hai dúas realidades innegables: Unha é, que o escenario político cambiou; a outra, que o PSOE está mal. A partir desas dúas verdades habería que facer, por quen proceda, unha sinxela análise da orixe dos problemas e da súa posible solución. Na primeira, hai que asumir que todo cambia, dun xeito ou de outro, para mellor ou para peor, máis axiña ou máis lentamente, pero os cambios son inevitables; unhas veces son cambios producidos polo home e outras, a mesma inercia da evolución da vida, fai que todo cambie. A cuestión está en ver vir os cambios e saber adaptarse a eles. E nun partido político que se di obreirista, recorrer aos consellos e ás pasadas tácticas das aburguesadas “vellas glorias”, non é a mellor solución. Paréceme a min, claro.

Escenario

Te puede interesar