Complicado

O proceso independentista catalán poderá parecer complicado, pero para os partidarios da independencia resulta sinxelo dentro da súa lóxica. Segundo as informacións dos medios, seica que o teñen todo previsto: Cataluña non será España, pero seguirá sendo europea e usarán o euro como moeda; os cataláns que queiran, poderán seguir sendo españois, pois a obtención da nacionalidade catalana non esixe a renuncia da nacionalidade española; asumirán o control de fronteiras e aduanas, pero expulsarán ao exército español; o Tribunal superior Autonómico converterase no Supremo e terán a súa propia Constitución. A min gustaríame saber se a nova República Independente, será centralista ou haberá autonomías. Coido que este non é un problema menor, pois no caso das autonomías terán que prever a posibilidade de que, calquera das catro provincias reclame a súa independencia. Xa que logo, deberán establecer na Constitución aquilo de: “Cataluña é Unha, Grande e Libre”, e así...

Complicado

Te puede interesar