NATURAL

O certo é que despois do esforzo que supuxo a campaña das pasadas eleccións locais e coñecendo o futuro inmediato que me espera decidín tomar un par de semanas de certa tranquilidade no aspecto político. Eu diría, dende esta posición, que as cousas transcorren máis ou menos como estaba previsto. As negociacións para conseguir un acordo de goberno van cumprindo os seus prazos, algúns sectores descontentos co sucedido o 24 M axitan o ambiente á primeira oportunidade e aquelas/os que teñen que facer unha análise política dos resultados que poida aplicarse en próximas e importantes citas recomendan fórmulas de confluencia. Isto recórdame unha cita do escultor Brancussi: “Facer as cousas é sinxelo, o difícil é poñerse en disposición de facelas”. Para estas esixentes tarefas que nos esperan o mellor é traballar con naturalidade. Somos o que somos, é bo recoñecerse entre nós, con iso, traballo e ilusión, as cousas sairán ben

 

NATURAL

Te puede interesar