Cambio de goberno

Despois do que este país ten visto, e sufrido, ao longo dos últimos anos –xa saben, o da crise, o dos recortes, a cuestión catalán... e vai ti a saber qué cousas máis, que xa sabes que son tantas que no hai memoria para lembralas–, o que menos esperabamos era que o PP perdera, a estas alturas da lexislatura, o goberno do Estado a través dunha moción de censura. Cousa por certo que moi poucos vían, se temos en conta as sesudas intepretacións dos chorreantes conterturlios xornalísticos da chamada prensa especializada. Pero mira ti por onde, tal aconteceu, aínda que coincido en que este non é un goberno saído das urnas, senón dos xulgados por mor da sentencia do caso Gürtel, que por moito que Rajoy di que non condena ao PP ben certo que é. E, se nón, aos feitos, xa consumados, basta con se remitir. E non discuto o feito de que o xa expresidente non quixera dimitir, porque iso si que sería recoñecer unha culpa da que el non se sinte culpable. Xa veremos o que isto da de si.

Cambio de goberno

Te puede interesar