Ozono

semella que o cambio climático é unha perigosa realidade malia que o “Trampas” americano diga que non hai tal. Mais din os entendidos que o problema débese ao burato producido polos gases de CO2, na capa de Ozono que rodea á Terra, que seica ten varios quilómetros de groso, e que nos protexe do calor e as radiacións dos raios solares. Por iso, os científicos aconsellan medidas para frear esa destrución do ozono, cousa complicada polo xeito de vida actual. A pregunta é se, ademais desas medidas protectoras,  non se poderían utilizar as enormes posibilidades da ciencia e a tecnoloxía actuais, para producir ozono en cantidades industriais e envialo á atmosfera para tratar de tapar o buraco de marras. Seica xa se fai ozono para moitas cousas, como a depuración da auga potable e, xa que logo, a produción masiva no debería ser un imposible, aínda que pode haber unha morea de condicionantes, como transportalo e poñelo como “tapón” no burato. Pero sería unha fazaña, non si?

Ozono

Te puede interesar