Andrómenas

Cando isto escribo, aínda non se sabe o que farán os deputados socialistas na investidura do señor Rajoy. Penso que o Comité Federal amosou moi pouca diplomacia, poñendo aos seus deputados na obriga de renunciar ás súas conviccións. Hai quen opina que acatarán o mandado e que haberá abstención total e quen di, que só será parcial. En calquera dos casos, o resultado será que volveremos a ter un goberno do PP, e a don Mariano como Presidente “adxunto á señora Merkel”. E veñan recortes e privatizacións na Educación, Sanidade, Dependencia e outros, por máis que don “Alberte Cidadán” diga que o van controlar. Pois que os deuses nos collan confesados! Coido que para esa viaxe, ao PSOE non lle facían falta moitas alforxas e, xa que logo, con facer abstención total ou parcial na primeira votación todo amañado. Así que, menos andrómenas e a cumprir o acordado, para que todos os baróns e baronesas conserven os seus cargos e as súas prebendas. Porque diso se trata. Ou non é?

Andrómenas

Te puede interesar