Bolardos

vcatorce días dos atentados de Barcelona e Cambrils seguimos sen entendelo. Son feitos que quedan impresos na memoria colectiva e necesitamos saber que imos facer todo o posible para que nunca máis volva a pasar. 
Non vale usar ás vítimas e ás familias para regates en curto. Sería recomendable que a algún dirixente da dereita mandárano calar, non estamos nunha guerra de civilizacións, nin eran crentes. Eran terroristas e punto.
Pero si temos que darnos respostas a cousas que facemos mal. Por que xente moza criada entre nós chega a isto? Por que non fomos quen de detectalo? Como reforzala convivencia? Está ben que Abel Caballero se sente co ministro para incorporar ás policías locais, aínda que deberán rectificar a “Lei Montoro” para que os concellos poidan contratar máis axentes. Pero nin iso nin os bolardos abondan. Así que fagan o favor de colaborar e de non facerse trampas.
 

Bolardos

Te puede interesar