Salvaguarda

Coido que é conveniente ler cada día, o xornal que maior información recolla da propia cidade, pois iso nos dará a posibilidade de coñecer os nosos problemas e as solucións que se deciden en cada caso, como co acceso do tren ao porto exterior de Caneliñas. Aparte do traxecto elixido, do que non vou a opinar por falta de coñecementos técnicos, hai un aspecto do proxecto que me parece positivo, que é a pretensión de “salvagardar” o medio ambiente. Tanto o ministro de Fomento destacando o respecto cos “valores medioambientales”,  como o presidente da Xunta louvando a “esbeltez y entramado” do viaduto, “que no va a afear la ría”,  fixeron declaracións neste sentido. Xa que logo, habería que se aledar dese interese por evitar o impacto negativo sobre o aspecto paisaxístico da ría, malia que as declaracións foron feitas a pouca distancia da monstruosa e negativa presenza dos tanques de Reganosa. Será que iso non afea á ría? Algún estaría mellor caladiño. Non si? 

Salvaguarda

Te puede interesar