Vodas de ouro e lixo

o servizo de recollida de lixo prestouse nesta cidade por parte de Urbaser ao longo das últimas décadas en base a un contrato que lle permitiría poder facelo durante 50 anos mediante prórrogas. A última delas aprobouna o PP no anterior mandato.
Que o servizo máis caro que xestiona o concello se faga mediante concesións a empresas que poden chegar ao medio século de vixencia é boa mostra de en que se teñen convertido as administracións públicas. Subministradoras de contratos millonarios a transnacionais mentres o servizo se precariza. 
Aínda así hai quen afirma que a municipalización de servizos coma este é un atraso cando non hai mellor alternativa.
Pero máis aló disto a actual situación do servizo na cidade é síntoma do que ten sido este mandato. O PP aprobou en 2015 unha prórroga infinita e un contrato para os próximos 10 anos que a intervención municipal censura e que provocou a necesidade de ter que aprobar no pleno as facturas que agora cuestiona. Mentres FeC non ten presentado unha soa alternativa para a xestión deste servizo no que vai de mandato e semella que non lle importaría que a concesionaria celebrase as vodas de ouro na Cidade.

Vodas de ouro e lixo

Te puede interesar