INTELIXENCIA

Todos coinciden en que é un home moi intelixente. O problema é que, para el, todos os demais son uns burros e a soberbia e a vaidade creáronlle moitos inimigos. A súa traxectoria na política está marcada por pequenas traizóns. Traizoou a confianza de Fraga; traizoou a o PP, argallando un partido paralelo, porque quería ser alcalde de Ferrol e alí non podía ser o número un;  traizoou ao electorado que confiou nas súas promesas; presumindo de “independiente”, traizoou aos seus compañeiros de candidatura, que xa foron avisados: “augúrovos cabreos e desfeitas, cando vos vexades metidos na dereita” lles dixeron. E foise quedando só. Agora, a súa intelixencia fíxolle entender que non tiña posibilidades nas próximas eleccións e acepta a humillación do número 25, no que non tiñan a ninguén. Hai quen louva o compasivo xesto do PP. “Fixo moito por Ferrol”, din. Mais queda a dúbida de se non será un aviso “a navegantes”: “Roma non paga a traidores”. Está escrito.

 

INTELIXENCIA

Te puede interesar