Antropoceno

|

Unha parte importante da comunidade científica bautizo con este nome antropoceno, a nova era xeolóxica na que nos atopamos caracterizada, pola acción devastadora do ser humano sobre a terra. Unha acción devastadora, que basease en tres eidos fundamentais: A queima de combustíbeis fósil pra o transporte e a enerxía, o noso sistema de consumo tanto de produtos necesarios como sobre todo de produtos superfluos e a construción e deseño das das nosas cidades. Máis estes tres puntos teñen en común un que é: A carbonización das nosas vida. Porque desde que nacemos desde o primeiro minuto das nosas vidas, estamos a queimar combustíbeis fósil, xa que todo esta pensado e feito pra este fin. Vai anos que no planeta non queda recuncho, onde non atopemos a pegada do noso sistema de vida. Incluso nas fosas marianas seguramente, atoparíamos restos da nosa civilización. Cando dentro de dous mil anos o máis se aínda existe a raza humana, as antropólogas-os e arqueólogas-os que estuden o noso momento histórico concluirán, que eramos unha civilización de porcos xa que, estamos a deixar a nosa pegada para milleiros de anos no planeta, coa hipoteca que isto supón pra as xeracións vindeiras.

Porque desde a revolución industrial, mais desde a metade do século pasado e sobre todo neste trinta últimos anos, coa aparición das novas tecnoloxías, non paramos de emporcar e de devastar o planeta. Unha tolemia mires por onde o mires, a cal incluso, alcanza ao noso sistema de alimentación.

Un sistema de alimentación que primeiro de nada quero dicir, que non respecta e trata do peor as distintas especies animais que usamos pra alimentarnos. Somos quen como di no seu libro unha escritora vegana, de amar a nosos cans, alimentarnos cos porcos e vestirnos coas vacas. Algo curioso; damos por sentado que os cans e gatos teñen sentimentos, mais negamose-lo a outras especies de mamíferos como nos pra non entrar en disonancia cognitiva(malestar psicolóxico producido pola incompatibilidade ou oposición de crenza e conduta) Máis compre sinalar, que no tema da alimentación con animais, enganannos desde pequenos. É normal nos debuxos pra nenas-os, ver que as vacas teñan ubres e dan leite, mais isto é falso. As vacas teñen ubres e dan leite, porque teñen xatos os cales, aos quince días destetamos pra consumir nos a leite e seguramente as suplementamos con fármacos, pra que segan a producir leite en máis cantidade. O tamén creemos que as galiñas é normal que poñan ovos todos os días, algo totalmente erróneo. As galiñas poñen ovos con regularidade, pola selección xenética que fixemos durante miles de anos. Unha galiña salvaxe ou silvestre, pon entre oito e dez ovos ao ano e parte deles comese-los pra recupera-lo gran esforzo que fai o seu corpo pra producir e po-lo ovo. Por iso nas granxas avícolas é normal, que antes dos dous anos desfanse das galiñas (na maioría dos casos matando-las) porque xa deixan de producir ovos a diario, xa que son galiñas moi envellecidas e con serios problemas de saúde. Máis compre sinalar, que tamén o noso xeito de alimentarnos cambiou nestes últimos decenios, froito da publicidade e da aparición dos grandes supermercados da comida. Xa non nos alimentamos co saber tradicional da nosa cultura e o noso entorno o cal, aseguranos unha dieta equilibrada e eficaz todo o ano, acorde coa temporada dos alimentos. Agora é normal ter uvas en maio ou calquera outro produto fora da súa temporada. Tamén podemos falar do empaquetado dos produtos, onde usase moreiras de plásticos de todo tipo. Plásticos que ao final acaban na súa maioría nos océanos. Plásticos que traspasan ao alimento micro partículas, que logo nos inxerimo-las. Estudos demostran que unha persoa que bebe auga embotellada en plástico, toma case vinte veces máis nano partículas de plástico, que unha que bebe un vaso de auga da billa. Porque o plástico xa o podemos atopar en todos os medios; desde o aire ata a auga.

É indubidábel que a industria da alimentación move unha inxente cantidade de cartos ao ano e representa unha parte importante do emprego e auto emprego da Galiza, a pesar que non temos industria de transformación por exemplo da leite. Soamente no 2018 Galiza produciron se preto dos tres millóns de toneladas de leite e cerca dos cincocentos millóns de quilos de carne. No 2016 cerca dos tres mil millóns de € supuxo as exportacións de produtos agro alimentarios e destas o peixe, a carne, os ovos e a leite cerca do 38% do total. No 2015 a renda agraria galega foi de preto dos 1550 millóns, aportados na súa maioría pola explotación animal (nunca mellor dito). Soamente a vitela galega con indicación xeográfica protexida (IPX), moveu no 2018 preto dos 130 millóns € . Vostede imaxinase os millóns de quilos de cereal necesarios, pra alimentar este gando, con todo o que significa en toneladas e toneladas de biocidas, votados ao medio ambiente pra cultivalo ademais do acaparamento de terras.

Con todo isto é lóxico que os nosos gobernos promovan o consumo de certos alimentos, a pesar de que a alimentación das persoas debese ser de outro xeito. Hoxe en día sabese que o consumo diario de carne, sobre todo se estas son procesadas trae mais problemas que bondades. Compre sinalar que a día de hoxe, as pirámides de alimentación foron substituídas polos pratos, máis estes están na maioría dos casos nesgados dependendo do país e o peso da súa industria de alimentación . Cabe sinalar que os pratos como o prato de Harvard ensinanos que a maioría dos alimento nunha comida debe ser vexetal, con grans integrais, froita e proteína saudábel (peixe, legumes, aves ) carne vermella en contadas ocasións, moita auga e moi poucos lácteos.

En definitiva algo tan fulcral como a nosa alimentación, hoxe en día representa un problema medio ambiental ademais de saúde moi grande. É fundamental que volvamos a alimentarnos como facían as nosas avoas e consumamos produtos de temporada, sobre todo locais e frescos. Deixemos un pouco de lado as carnes, grandes peixes, mangos, piñas e fresas en outubro e retomemos as legumes, as castañas, as noces, as peras urracas, os xurelos, as xardas ect... pra deste xeito vivir acorde co medio que nos rodea e que tan sabiamente proporcionanos todo aquilo, que necesitamos pra nosa subsistencia.

Antropoceno