O sentidiño

Sen que saiba moi ben por que, nunca fun moi partidario de asistir a actos de carácter institucional. Xa que logo, case o cento por cento das veces que participei neles foi porque así o requerían os cargos que nalgún tempo ocupei. Que non me quedaba outra que ir, como adoitamos dicir. De feito, no ámbito profesional, desde que deixei a docencia regular, só estiven presente na toma de posesión do actual reitor, e iso pola fonda e vella amizade que nos une. Ós actos do San Xiao, só asistira dúas veces. A primeira, hai xa vintecinco anos, cando a corporación municipal daquela altura nomeara fillo predilecto a don Ricardo Carvalho Calero. Sete hai da segunda, cando lle concederon a Insignia de Ouro da cidade ó amigo de hai case sesenta anos Vicente Araguas. Hai dous días fun por terceira vez por dous motivos: porque quería escoitar á directora do IES Sofía Casanova e porque recibía a insignia o Club de Prensa. O acto se me fixo curto. Só me resultou insoportable e infumable o discurso do alcalde de Lugo. Por que a xente non saberá marchar a tempo? Pois quere recuncar, disque.

 

O sentidiño

Te puede interesar