Un dobre mortal

Trala saída do Reino Unido, sopran fortes ventos de axuste no gasto e axudas da Unión Europea. Os orzamentos dos seguintes sete anos teñen que facerse sen contar coa aportación do que era o segundo Estado membro en achega de fondos á UE. A isto súmase o necesario cambio de paradigma na acción política europea, en relación ás políticas de New Green Deal e á firme decisión da Comisión de centrase nun novo modelo produtivo máis verde. Esta transición, é obvio, costa moitos recursos en dúas direccións, fomentar o cambio e compensar o sistema. O obxectivo seguir sendo competitivos no medio de eses dous bloques mundiais: o americano de Trump e o Comunismo-capital chinés.     Unha loita da que acaba de ser vítima, por certo, a Mobile de Barcelona, para satisfacción de VOX, moi gustoso de impulsar boicots. Pero iso é outra historia.
A conxunción das políticas de “green deal” e os obrigados recortes, son un dobre mortal para a economía de Galicia. Non porque non teñamos potencial, senón porque Feijoo leva 10 anos a velas vir e  administrando no canto de xestionar, que é ben distinto. Os recortes  encamiñados aos fondos de cohesión e tamén ás axudas na PAC  significan que Galicia vai pasar unha época de axuste e precariedade para a que a Xunta do PP non fixo nada máis aló de prometer un rural novo con campañas bonitas, no que por certo cada semana quedamos sen poboación, nunha das nosas aldeas. 
Galicia é rexión en transición para o período 2021-2027 o que é boa nova por poder optar aos fondos de cohesión pero aínda está por ver como afecta o Brexit nos recortes.  No relativo á PAC, o dato do posible recorte dun 10% ou máis é unha seria ameaza ao noso campo porque 3 de cada 4 explotacións dependen das axudas para a súa rendibilidade. Galicia leva recibidos 900 millóns nos últimos 5 anos. A situación é grave e mentres o PP e o PSOE calan ás ordes das directrices das súas sedes de Madrid, a PAC non so importa en Galicia, e iso é moeda de cambio, para aquelas rexións con máis votos.
O que certamente é un desasosego é que a política europea, sempre a longo prazo, é predicible e dende a nosa administración non se fixo nada en relacións aos posibles cambios que estaban por vir e que son un duro golpe a Galicia. Non se traballou a  posibilidade de potenciar o noso rural con calidade, dende a Xunta non se activaron outras medidas en busca de especialización e mesmo en aproveitar as políticas verdes no noso beneficio. Xuntamos esta realidade e a emerxencia industrial das nosas empresas e o panorama é bastante pouco esperanzador, mais aínda temos tempo se somos quen de gobernarnos  sen dependencias.
Non escapa á esta parálise política o PSdG de Gonzalo Caballero, non é un tema menor que Nadia Calviño, ata onte responsable europea do orzamento, tiña datos moi importantes para que Galicia estivese un paso adiante nas decisións que permitiran respostas mellores ao envite, pero seguro que en Ferraz non estaban moi dispostos, iso que en Galicia no PSOE teñen un think tank ... ideaGalicia lle chaman.

Un dobre mortal

Te puede interesar