As nosas cousas

Unha vez fun convidado a unha vivenda a medio finalizar, pero xa habitada. Preguntando pola situación edificatoria parcial da casa, o propietario díxome que non lle valía calquera cousa de tal modo que alicataba unha baño segundo lle gustasen os azulexos, aínda que non achase en dez anos uns do seu interese.
Se toda a vivenda desde suxeito era un despropósito, o máis lamentable era que unhas escaleiras da casa aínda estaban sen os seus chanzos e tiña uns tixolos que axudaban no ascenso e descenso. Levaban neste estado provisorio varios anos porque quería cubrilas cun mármore branco e aínda non encontrara o ton albo que lle gustaba.
Anos máis tarde volvín por alí e vin que a casa xa estaba finalizada e sen cumprir ningunha das condicións que a tiveran parada tanto tempo coa finalidade de ser un monumento á idiotez e que as escadas xa lucían operativas e non eran de mármore branco. O motivo do cambio foi que un fillo del caeu polas escaleiras provisionais con graves danos.

As nosas cousas

Te puede interesar