Revoltixo

Pregúntome se será verdade que os cataláns separatistas son seres superiores ou se cadra, a miña intelixencia está por debaixo do normal. Porque por moito que o penso, non remato de entender o revoltixo que semellan ter, cos seus partidos políticos, a democracia, a república e os dereitos humanos. Seica todos se din republicanos, pero se uns son de esquerdas (ERC), de que son os outros? Eles chámanse demócratas, e pois logo, os outros cataláns non son demócratas? Defenden os seus dereitos, pero, e os dereitos dos outros? Din que son maioría, pero os que non votaron separatismo son algúns milleiros máis que eles. Reclaman o seu dereito a gobernar, pola súa maioría parlamentar, produto dunha lei electoral inxusta, recollida nunha Constitución, que eles non aceptan. Rebélanse contra un goberno que cualifican de franquista, mais rebeláronse tamén no 1934, cando o goberno de España era republicano... Resumindo: Eu non o entendo, pero seguramente, a culpa é miña. Ou non é?

Revoltixo

Te puede interesar