Gibraltar

Estiven una vez en Gibraltar e  non saín satisfeito daquela visita: unha rocha enorme habitada por monos, un pequeno pobo cunha rúa ateigada de tendas e restaurantes, un acceso pola estrada que atravesa o aeroporto e que se corta cando chega algún avión  e pouco máis. Pode que outrora fose un punto xeoestratéxico fundamental para o control do Mediterraneo, pero arestora non creo que teña moita importancia nese senso.  Inglaterra, que foi o país colonialista por antonomasia, resístese a prescindir de parte do seu imperio aínda que este sexa unha rocha grande que mira a Africa desde España. Os españois levamos moito tempo clamando no deserto berrando aquillo de “Gibraltar español!” sen resultado algún porque eles teñen a razón da forza e xa se sabe que ésta case sempre prevalece sobre a forza da razón.  
Os ingleses sonche daquella maneira, moi seus e tradicionais, empeñados en llavar a contrária ao resto do mundo, porque non me dirán que iso de conducir pola esquerda cando os demais  van pola dereita non é coma para deixárselo ver o mesmo que estar ancorados no culto  a súa divina maxestade que ningún fillo da Gran Bretaña que se prece discute. Tampouco, dentro da Comunidade Europea, aceptaron o euro seguindo coa súa amada libra e hoxe determinan  saír e transitar por libre , non fose a ser que algunha das súas intocables tradicións se viran afectadas negativamente polo contacto co resto dos países socios, ou quizáis por algún motivo máis no que tal vez teñan razón.  
Dentro dos seus principios programáticos semella  que Gibraltar siga coma territorio británico dentro de España, e non se nos ocorra tomar ningunha iniciativa que vaia no sentido contrário pois, coidadiño!, empregarían a forza o mesmo que fixeron con Arxentina no caso das Illas Malvinas (Michael Howard, lider conservador, dixit). Michael Fallon, actual ministro de Defensa manifestou que Gibraltar non está nas negociacións do Brexit e que Inglaterra defenderá a rocha ata o final.  Pois virxenciña, deixémos o tema como está xa que non estamos en disposición de botar un pulso con alguén que nos supera en fortaleza física. Pero quizais teñamos algunha que outra alternativa que vaia no camiño de non facilitar excesivamente as cousas a aqueles que nos ameazan coa razón da forza. E como case sempre pasa nestes casos é a xente a que sae perxudicada.  
Case 260.000 británicos viven en España, moitos deles xubilados que están aquí permanentemente coas mesmas prerrogativas cos españois aínda que con mellores pensións.  O sistema sanitario español dalles a posibilidade de acceder aos servizos medicos por ser cidadáns europeos pertencentes á Comunidade. E agora que sen van, que? Seguimos coas mesmas facilidades? Por outra banda non entendo como un país ata hoxe pertencente á Comunidade Europea e xa que logo aliado noso, pode ter  unha colonia en España desde aquel tratado de Utrech do século XVIII. A Organización de Nacións Unidas creo que ten a Gibraltar no grupo de territorios a descolonizar, pero dado o caso que se lle fai á ONU, podemos estar no tema in saecula saeculorum. Amén.
 

Gibraltar

Te puede interesar