Humanidade, que é iso?

|

un nom para de sorprenderse ao que estamos a chegar os habitantes do mal chamado mundo desenvolvido. Refírome ao tipo de relacións que coas que estamos interactuando entre nos e mais concretamente refírome, as relacións cos nosos maiores. 
Conto isto pola nova xa nom é a primeira vez que vexo este tema nos meios de comunicación, a nova repito, de que a humanidade xa ten robots pra axudar nas tarefas da vida, dar compañía ou incluso poñer em forma aos nosos maiores. 
Indudabelmente que a ciencia gaste recursos em por ao servizo das persoas maiores estes trebellos, ademais de que posibelmente saia pra o sistema máis barato, o que ven claramente a dicir é que ha moita xente maior soa. Mais a pregunta que eu me fago e que deberíamos fazernos todas-os é porque cada vez ha máis xente maior soa? . A resposta sendo o mais obxectivo posíbel, analizando un antes e un agora no tempo, é o sistema de vida que nos están impoñendo a nosa sociedade. 
Porque o que é indubidábel é que a condición humana innata, é a de colaborar entre nos. Se isto nom fose así, nom houberamos chegado ata aquí e posibelmente nos houberamos extinguido nas covas. As humanas-os colaboramos cando fomos colleiteros, pra cazar, colaboramos pra protexer os nosos refuxios, pra cuidar as nosas crías, colaboramos pra coidar das nosas-os conxéneres( entre eles indubidabelmente as anciás) ect... Incluso cando nos fixemos agrícolas e gandeiras-os ao principio tamén colaboramos e foi o xeito de obter os primeiros saberes nestas ciencias da vida. Seguramente despois tamén empezaron os intereses e con eles as guerras e o xermolo do individualismo. Individualismo este promovido polo poder desde vai xa uns cantos anos, como meio de dinamitar e volver mais fráxil a sociedade. Porque o poder sempre vai dous pasos por diante de nos. Ao poder interesa lle unha sociedade o mais dividida posíbel, que as obreiras-os, as labregas-os, as pequenas burguesas, as estudantes e incluso as familias ect.. estean o menos unidas posíbel . É o xeito de que as nosas esixencias en dereitos, en beneficios, na busca de unha sociedade máis xusta (indubidabelmente o mundo perfecto no existe, mentres os animais humanos sexamos a especie dominante) sexan máis fráxiles e teñan menos forza a hora de reivindicalos. É o xeito de que eles teñan carta branca pra fazer o que lles sae do peito, por nom usar outra palabra, pra asi, seguir nas súas posicións de dominio e privilexio.
Porque o capitalismo e sobre todo este capitalismo salvaxe o cal, cada vez evolucionará a peor, xa que é a súa lóxica, é o seu normal percorrido, necesita do individualismo pra nom ter obstáculos no seu natural desenvolvemento. E o ten moi doado. Se miramos o funcionamento dos mass media, os cales son hoxe em día, o que foi a igrexa durante séculos, concretamente falo das TV, veremos unha diferencia do que comunicaban vai 40 anos a hoxe en día. Por por un exemplo:cando os restos do noso gran Castelao foron traídos a Galiza pra ser enterrados e unha parte das nosas xentes protestou enerxicamente levando a confrontación a rúa, reclamando o cadaleito, pra que fose enterrado onde lle correspondía, e por quen con xustiza o representaba, alguén pode pensar repito que a cobertura que se lle deu ao acto por parte da TV española na Galiza, incluídos os comentarios da periodista, hoxe em día sería emitido pola TV. Por nom falar da decadencia das proprias TV e Radios( estas ultimas sobre todo as comerciais de música) nos seus contidos, onde se fomenta a estupidez, o embrutecemento intelectual, a narcotización da xente, o intento ( e vaia se o conseguen) de que as nosas preocupacións máximas, sexan realmente preocupacións intranscendentes. Por nom falar de o dano que están a fazer as mulleres, aos gays e lesbianas, as familias ect.. promovendo o machismo e a homofobia de un xeito máis sutil, xa em idades cedas. Mais sobre todo o que están a fazer é que compitamos entre nos, pra deste xeito conseguir a desunión das xentes, pra eles continuar cortando e comendo se o pastel e deste xeito, deixarnos a nos as farangullas. Porque necesitan de que os cidadáns cada un pense no seu proprio beneficio e confort, em vez de buscar o ben pra o colectivo e isto é un, entre outros factores, de que deixemos aos nosos maiores em soedad.
Compre dicir que no cuidado dos maiores, necesitase desde políticas sociais efectivas e reais, necesitase horarios de traballo compatíbels coa vida familiar, algo no que Galiza andamos escasos xa que, posibelmente teñamos os peores horarios no referente a conciliación coa familia da UE, xa que por nom ter, as nosas quendas de traballo, ni aproveitan nin tan sequera o tempo de luz soar. Nin que dicir ten que nos tamén debemos de renunciar a certas cosas, na maioría dos casos innecesarias pra dar prioridade o que verdadeiramente importa. Porque este sistema económico necesita de que demos prioridade o “desfrute” de ter cosas superficiais e innecesarias na maioría dos casos, antes de que gastemos o noso tempo de lecer no que verdadeiramente merece a pena. Explico me cando un compra unha tablet por poñer un exemplo e paga varios centos de €, realmente nom esta pagando con diñeiro, esta pagando como dice o ex-presidente de Uruguay co tempo que gastou, que lle quitou a vida, que lle quitou aos seus, que perdeu traballando pra conseguir esa mercadoría. Por que sexamos sinceros realmente algún de nos(exceptuando determinadas profesións) necesitamos verdadeiramente unha tablet?
Xa pra rematar, é fulcral que o povo galego auto organizado faga mais pedagoxía co cal chegar as nosas xentes, pra conseguir unha Galiza, onde o sistema priorize os verdadeiros valores da vida, onde o povo este unido nas súas loitas, onde os nosos inimigos nom sexan os diferentes, os vidos de fora, as persoas con handicaps. Onde cadeas como tele5,tele popular entre outras, onde os marichulos como Bertins Osborne, as cancións dos arrebatos, regetones, programas como salvame, salsa rosa ou o gato ao auga ect... nom teñan cabida na nosa vida. Onde as familias teñan a posibilidade e os meios reais de cuidar aos seus maiores nos seus fogares. Mais mentres esperamos que isto aconteza, volvendo ao tema principal deste artigo, sempre nos quedara a satisfacción, de que cando o noso robot este sen forzas e xa se atope canso ,cos ollos vidrosos e a mirada perdida, o traballo máis grande que teremos que fazer, será ir a tenda do barrio a mercar lle unhas pilas novas.

Humanidade, que é iso?