Gilipollas

Algúns políticos adoitan empregar frases altisonantes, para lucir o seu enxeño e, de paso, tomarlle o pelo sutilmente aos cidadáns de a pé. A lo menos isto é o que se me ocorre pensar da frase do ministro sr. Montoro, cando afirmou que volverían gañar as eleccións porque “los mercados no son gilipollas”. Despois de escoitarlle moitas mentiras, como aquela de “cortar chapa” nos estaleiros, teño que admitir como verdadeira, pola súa evidencia, esta nova “perla” do ministro; por iso, cando di unha verdade hai que desconfiar e tratar de atopar o significado oculto das súas palabras. Imos ver: Seica os mercados non son gilipollas e por iso, eles van gañar as eleccións; pero os mercados non votan, senón que os que votan son os cidadáns. Analizando estes datos, a conclusión non pode ser outra: Se eles gañan as eleccións, e os que non votan non son gilipollas,  é porque os cidadáns votantes son gilipollas. Segundo o entendo eu, claro, pero non me fagan moito caso …

 

Gilipollas

Te puede interesar