Acabaremos este mes sumando o final das festas de Ferrol coas Meninas de Eduardo Hermida. E, tras iso, mediado setembro, Ángel Mato cumprirá cen días como undécimo alcalde do noso concello.
Este mes de agosto déixanos un novo goberno moi presente nos medios de comunicación. Á novidade, á necesaria ocupación das distintas responsabilidades municipais, á organización desde cero e a fume de carozo das festas da cidade, súmase un dos sinais de identidade común a todas as sucesivas alcaldías socialistas (seguro que con acertos e erros) en Ferrol: temos un goberno a tempo completo.
Veremos en setembro –non sei se hoxe haberá un adianto no pleno de fin de mes– o tono da oposición. Tanto da oficial (PP), como da de aqueles que tiñan comprometido o seu apoio e, xa á primeira, decidiron deixar só ó PSOE. Na miña opinión, un erro que debérase corrixir. E unha petición para todos: sumen nos asuntos de cidade.