A cidade da que non se sabe

|

Penso, mal, seguramente dirán moitos, que o peor que lle pode pasar a unha persoa, a un pobo, ou a unha cidade como é Ferrol, é que nada dela se saiba. Pero aínda peor que o descoñecemento alleo é o propio, e que iste é precisamente o mal do que, poide, con pesar e bágoas, ata defendamos. Unha cidade é, ao fin e ao cabo, un sinal de identidade, unha persolidade en si mesma. E, como tal, está suxeita a envexas, críticas, olvidos e, de cando en vez, ata eloxios –poucos, iso si– orgullosos e altivos. En todo isto penso cando queda pouco máis dunha semana para as eleccións municipais e ante este minifundismo político que tan de moda está e do que non tiña por que verse allea esta cidade. Mágoa que sexa precisamente cando é tan necesario que a cidade sexa a verdadeira protagonista, quen de argallar un xeito distinto de facer as cousas e se levantar novamente, o protagonismo siga a ser propiedade intelectual, e mesmo moral, dos intereses políticos de tantos que máis están por moler que por facer. 

A cidade da que non se sabe