O CLUBE DOS ESQUECIDOS

A soidade na que se atopan os traballadores de Electrorayma e Tecman non é máis que unha mostra do deserto no que a xente desta Cidade abandonada á súa sorte sobrevive. Desde a rabia ante o poder dos oligopolios madrileños que coma vampiros nos empregan como man de obra barata no mellor dos casos. En colaboración coa Hidra de mil cabezas do Estado inserida de mil formas na nosa Cidade sen necesidade de mostacho nin folclóricas. Desde a percepción do medo inoculado a conciencia polos colaboradores internos deste atentado social, pregúntome onde están os nosos líderes políticos, culturais e intelectuais. Aqueles aos que nas celebracións elevamos aos altares sacros. Os que subidos aos seus púlpitos pontifican a diario. Os facedores de xestas universais que son capaces de pasearse pola súa Cidade sen cheirar a miseria das rúas. E aínda que acepto as decepcións na derrota teño fame de vitoria porque o que motivou o comenzo foi que as vidas que comparto non merecen o esquecemento.

O CLUBE DOS ESQUECIDOS

Te puede interesar