ONDE ESTARÁ A FIN DA LOITA POLA NOSA DIGNIDIDADE?

Inculcáronnos nas nosas mentes de mulleres os valores do compromiso co privado, o cuidado dos seres do noso entorno. E nosoutras creamos con eles os vínculos da compasión, da dor, da protección, cando nós mesmas eramos  as que precisabamos protección. Unha obriga ininterrunpida no tempo que non nos deixou descanso porque nunca a puidemos comprartir cos nosos compañeiros que se adicaban a estruturar o mundo.
Fixéronnos raíñas do doméstico, do ornamental, maquillaxes de banal emponderamento a cambio  de anular os debezos de emancipación, de poder decidir libremente onde queriamos participar con máis intensidade, se no público ou no privado.
A historia está ateigada de xenialidades masculinas, e agora xa sabemos que ambos sexos teñen a mesma cantidade de neuronas intelixentes, ou que non dependen do xénero, e que gozamos do mesmo nível de discernimento mental aínda que teñamos distintos  cromosomas.           
O que non tivemos como xénero foron as mesmas oportunidades. Salvo casos escepcionais, as mullleres recibían a formación específica do seu xénero, que era poca , e menos información. E como sempre dende o presente se constrúe o futuro non é posible que poidamos contar no mesmo número de referentes femininos nin a moita distancia.
No ano 1978 suprimíronse do Código civil a nosa equiparación cos máis desfavorecidos da sociedades e por lei liberóusenos de obedecer ao consorte, máis os costumes e as tradicións pesan máis que a lei se é que esta non se exerce con xustiza para o máis desprotexido. A quen conviña que a lei se trocase en norma? Pois,  só ás mulleres, pero desafiaba o benestar dunha sociedade  baseado no noso servizo, entrega e submisión, tanto a nível individual como de instituciónS, laicas e relixiosas. E a mulller seguiu e segue discriminada.
A grande inxenuidade do verbo feminino consiste  na crenza de que se poden traspasar as trincheiras do poder con bandeiras brancas e cantos de irmandade. O control que os grupos humanos exerceron sobre outros grupos humanos  para mantelos sometidos sempre se exerceu con violencia.
A realidade é máis dura que calquera parágrafo descriptivo. No 2015, 64 mulleres mortas a mans dos seus compañeiros ou excompañeiros,  5  máis que no 2014, 7 máis que no 2013 e levamos xa preto de 20 vítimas nos meses que van do 2016.
Non se pode imaxinar que dende os estamentos do poder non se poña fin a esta sucesión de asasinatos de mullleres por violencia de xénero. Non pode unha imaxinar que dende os púlpitos de todas as relixións non se estea levantando a voz da compaixón para con aquelas que máis tempo entregan a esta causa como sosten da Institución e sen aspiracións de poder.
Non se puxeron nunca os medios precisos, nin se tomaron as medidas requiridas para parar esta carnicería. Soamente con que se destinase un tanto por cento mínimo do que se despilfarra ou do que leva a corrupción, dotaríanse de recursos ás casas de acollida, daríase protección ás mulleres que foxen do terror e dotaríase á sociedade de estruturas que facilitasen a conciliación do traballo da muller coa atención ás crianzas e aos máis vulnerables, anciáns, enfermos e  persoas con necesidade de axuda que normalmente pertencen ao ámbito feminino.
Non sei que máis ten que pasar para que se deteña este feminicidio que deshumaniza e crea un abismo de inxustizas no noso mundo globalizado.
A natureza fíxonos seres intelixentes e nós estamos convertendo a nosa  sociedade en cruel e despiadada, na que as mulleres reciben os salarios máis baixos por que son mulleres e morren polo simple feito de ser mulleres.

ONDE ESTARÁ A FIN DA LOITA POLA NOSA DIGNIDIDADE?

Te puede interesar