Inquietude

|

As imaxes dunha manifestación falanxista, proxectadas pola TV días atrás, provocaron certa inquietude e rexeitamento en numerosas persoas que sufriron a dura represión da pos guerra chamada hoxe “incivil”. Algúns medios de comunicación comentaron o tema, con certa preocupación polo que semella un novo rebrote fascista, mais botábase en falta algunha información sobre esa alianza de franquistas e falanxistas, con ideoloxías teoricamente tan dispares. Para a xente nova, que non coñeceu a tras-tenda do “heroico alzamento”, pode parecer normal esa afinidade, pero segundo destacados falanxistas, José Antonio morreu porque era un estorbo para os franquistas, que co pretexto dun intercambio de presos, retrasaron o asalto ao cárcere organizado para liberar ao líder da Falanxe. Non sei o que haberá de certo, pero eu vin aquela cárcere e non me pareceu moi difícil asaltala para un pelotón decidido e ben armado. E seica había xente moi preparada. Saberase a verdade algún día?

Inquietude