Salvemos a Piolín

A Warner anda preocupada pola imaxe do seu Piolín, convertido en incómoda icona do conflito catalán, desde que o ministro Zoido mandou ese buque vacacional como hoteliño para gardas civís e policías nacionais. Mentres, neste lares tivemos a apertura das obras no túnel de Brión para o acceso ferroviario ao Porto Exterior –e ante ausencias significativas– case convertida nun acto electoral, que parece abrir definitivamente esta longa precampaña cara ás municipais do 2019.
Así tamén cúmprese un ano da ruptura do pacto que sostiña ao actual alcalde de Ferrol, con reproches cruzados e curiosamente -como así temos lido nas páxinas deste xornal- a voceira municipal do PP exoneraba de toda culpa á socialista da situación na que se atopa o goberno local. Si, unha desfeita da que aínda nos esperan moitas crónicas. Mellor miremos fóra: Rajoy chama pronto a Puigdemont e salvemos a Piolín.
 

Salvemos a Piolín

Te puede interesar